miércoles, 27 de noviembre de 2019

Exentos, Indispostos ou Mancados

Alumnado sin exención médica, mancado leve ou indisposto
O alumnado nestes supostos terá que asistir a clase, como os demáis, e terá que facer unha ficha de aula sobre o que se está a facer na pista, na aula ou calquera outro tema que o mestre decida. Dita ficha poderán entregala o rematar a sesión ou levala para súa casa para completala, si o considerase oportuno. Nunca o alumnado poderá permanecer na aula de mans cruzadas co pretexto de que xa a farei na casa. Se a levase, tería que presentala o rematar da sesión para darlle o visto bo e entregala antes de escomenzar a seguinte sesión.

Se o alumnado non a fixera tería un traballo non presentado que calificarase con unha nota de 0 puntos.

Valoración da ficha de aula
 Máximo 2 puntos, si reflexa a estuctura da sesión.
 Maximo 2 puntos, si recolle a totalidade das tarefas desenvolvidas e os conceptos teóricos básicos dados polo mestre o longo da sesión.
Máximo 2 puntos, si acompaña con ilustracións gráficas.
Máximo 2 puntos, si o traballo ten unha boa presenza, consta de datos persoais, data da sesión, temática a desenvolver, limpeza, claridade e en folla A4.
Máximo 2 puntos, si se entrega dentro do prazo de tempo regulamentado. Na seguinte sesión de Ed.Física, o máis tardar.



Si traballas, obterás bos resultados. Non o deixes, esforzarte é a túa obriga

No hay comentarios:

Publicar un comentario